Availability: In Stock

Luces da Costa da Morte

SKU: 978-84-18667-42-8

16.00

Unha colección de postais de faros con poemas do mar ou viceversa? O que tes nas mans é moito máis. ˆ un artefacto poético e visual que emerxeu das augas da Costa da Morte, onde vive o seu autor, o artista oceánico Xosé Iglesias. Páxina a páxina, funde o misterio máxico da fin do mundo coa beleza directa e salvaxe do mar. Combina, así, a súa paixón pola poesía, pola pintura e por ese universo mergullado que navega a diario, por ese mundo feito de sal, vento e sol, e habitado polas súas criaturas icónicas: baleas, candorcas, delfíns… Un obxecto con múltiples usos. Agasallalo completo ou por partes, gozar dos seus versos e ilustracións ou enviar as imaxes dos faros da Costa da Morte dunha punta a outra do mundo. Cada faro conta con dous elementos: a tarxeta postal por unha banda e, pola outra, un poema no que, ademais, poderemos anotar a persoa á que lle enviamos a postal. Sexa cal sexa a finalidade que lle deamos, é un auténtico tesouro que nos fará sentir o amor que o artista profesa polo mar, por ese universo que non podemos deixar morrer.

Hay existencias

Category: Tag:

Información adicional

Peso 3 kg
Dimensiones 18 × 15 cm
Autor
Editorial

ISBN

978-84-18667-42-8

Encuadernación

3

Páginas

56

Idioma

Año Publicación